Últimas novas de Función Pública sobre procesos selectivos

28 de septiembre de 2023

Na xuntanza que mantivemos con Función Pública o 27.092023, o director xeral  facilitou (pouca) información sobre algúns procesos selectivos

Recentemente publicáronse os resultados das probas de galego de varios procesos de estabilización, tanto de concurso como de concurso-oposición. Estaba previsto que, xunto con estes resultados, se publicase a autobaremación dos méritos. Informan dende a Dirección Xeral de Función Pública que, por problemas técnicos na elaboración das listaxes, esa publicación veuse retrasada. Esperan facela entre hoxe e mañá. Advirten de que as puntuacións que se publiquen só terán un relativo valor informativo, posto que se trata da baremación feita polos propios aspirantes e está, en moitos casos, chea de erros. Haberá que esperar á baremación provisional que fará Función Pública para ter información fidedigna sobre as puntuacións reais.
 
En relación coas notas dos procesos selectivos de persoal subalterno, auxiliar coidador e auxiliar de clínica, informan que durante esta semana estanse a corrixir os exames, e en unha ou dúas semanas deberían publicarse as notas.
 
Sobre as tomas de posesión pendentes, preguntamos pero non obtivemos resposta. O director unicamente mencionou a gardacostas e asegurou, sen aclarar cando, que se abrirá o prazo para presentar a documentación correspondente e haberá 20 días para presentala ou, o que é o mesmo, non dixo nada.
 
Nota importante:
CSIF non se fai responsable da veracidade da información facilitada polo director xeral de Función Pública nin, moito menos, do cumprimento dos prazos sinalados. CSIF unicamente transmite a dita información aos traballadores afectados e demais persoas interesadas.
 

COMPARTIR