Resolución Provisional de solicitudes admitidas e excluídas Programa PIALE 2024
- Convocatorias
3 de mayo de 2024
Ábrese un prazo de cinco días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias á concesión das actividades perante a persoa que exerza a presidencia da comisión que rematará o 10 de maio de 2024, incluído. A renuncia á adxudicación dunha actividade considérase renuncia a todas as actividades que a persoa interesada marcase na súa solicitude. As reclamacións ou renuncias deberán presentarse electronicamente, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, en https://sede.xunta.gal/portada. Deberán entrar en A miña sede, na solicitude realizada para a convocatoria do programa PIALE 2024, código do procedemento ED305F, e premer en Accións , na opción Alegacións ou Renuncia, segundo corresponda. Ao premer en Alegacións, poderán achegar a documentación que consideren.
Unha vez que a reclamación sexa remitida polo procedemento indicado, solicítase que se adiante, ademais, escaneada ao correo electrónico formaes@edu.xunta.gal para axilizar a súa tramitación de cara á publicación das listas definitivas. As listaxes están publicadas na aplicación PIALE.