Renuncia á participación no CADP

  • Concursos y movilidad

8 de mayo de 2024

De acordo co artigo 39.1 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores deeducación, catedráticos e profesores de ensino secundario, do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (Diario Oficial de Galicia n.º 113, do 14 de xuño), o persoal interino e substituto que se atope nalgunha das situacións recollidas no punto décimo quinto do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería e publicado mediante Resolución do 2 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, poderá formular solicitude de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP).

 

CAUSAS DE RENUNCIA


a) Coidado de fillos e fillas.
– Para atender o coidado dun fillo ou filla menor de seis anos, tanto cando o sexa por natureza ou por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo.
– Para atender un fillo ou filla menor de oito anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal.
– Para atender dous fillos ou fillas menores de dez anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal.
– Para atender tres fillos ou fillas menores de doce anos ou dous fillos ou fillas menores de doce anos se un deles ten un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 % ou ter e convivir con tres fillos ou fillas menores de dezaseis anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal.
A idade dos fillos computarase o 1 de setembro de cada ano académico.


b) Para atender o coidado dun familiar que se teña ao seu cargo, ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.
Excepcionalmente, para atender o coidado dun familiar que se teña ao seu cargo, en segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída, cando non existan superviventes de primeiro grao ou que estean incapacitados para atender o seu coidado ou se trate de persoas conviventes.


c) Por enfermidade grave da propia persoa docente.


d) Por ser vítima de violencia de xénero ou de violencia sexual ou violencia terrorista.


e) Ampliación de estudos oficiais.
Por ampliación de estudos, por un período máximo de tres anos. Enténdese que hai ampliación de estudos cando se realizan estudos para obter un título universitario oficial de doutor, máster, grao ou equivalente.
No caso dos graos deberá efectuarse a matrícula de, polo menos, 30 créditos e acreditar a realización das correspondentes probas ao final do curso académico.
Nos supostos do máster ou doutoramento a matrícula deberá realizarse, polo menos, do 30 % dos contidos.
Excepcionalmente, poderá utilizarse un cuarto e quinto ano, nos estudos de grao e doutoramento. Nos graos será necesario ter cursado e superado un mínimo de 90 créditos da mesma titulación. Para estes efectos non se terán en conta as materias validadas.


f) Por calquera das circunstancias que permiten o persoal funcionario público a concesión de servizos especiais.

g) Por outro contrato laboral, traballo por conta propia ou prestar servizos noutro posto do sector público (límite temporal de tres cursos académicos, non necesariamente consecutivos). No caso de traballo por conta propia deberase acreditar a alta no réxime xeral de autónomos 6 meses antes do chamamento.

h) Estar impartindo un curso de formación relacionado coa lingua galega impartido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística

A renuncia deberá formularse no prazo establecido na orde que regula a adxudicación de destinos provisionais ou, en todo caso, no prazo de reclamacións e renuncias á adxudicación provisional de destinos para o curso académico que proceda, agás que teña a súa orixe nunha causa sobrevida con posterioridade ou chamamento por primeira vez

 

PRAZO: desde o 15 de maio ata o 31 de maio de 2024, ambos incluídos

 

ACCESO Á APLICACIÓN

COMPARTIR