DICIREG, Posesións e Formación
- Concursos y movilidad
- Empleo
- Negociaciones y acuerdos
- Normativa
- CSIF Informa
22 de de març de 2024
Na última reunión mantida co Director Xeral, as organizacións sindicais puxemos de manifesto a necesidade de ditar unha serie de normas sobre os ceses e tomas de posesións nos destinos afectados polo concurso de traslado ou outro tipo de mobilidade, xa que a casuística é tan numerosa que fai necesario entrar polo miúdo nas distintas tipoloxías a fin de dar seguridade xurídica para saber en cada caso concreto quen ten que cesar. O director xeral así o considerou tamén, sen embargo, a día de hoxe aínda non temos esas normas, atopándonos con interpretacións diferentes o que conleva a disensións que a ninguén benefician. Instamos, polo tanto, á Dirección Xeral a que as plasme por escrito o máis axiña posible.
Por outra banda, tamén consideramos de necesidade perentoria que se proceda a publicar na Intranet os diversos supostos nos que se concederá a formación cando un traballador/a cambie de posto de traballo, conleve ou non o troco de xurisdición, sexa titular ou interino. Somos conscientes de que se acadou un acordo en mesa sectorial se ben, en aras dunha maior difusión, consideramos urxente a súa publicación tamén na Intranet de Xustiza.
Por último, pero non menos urxente e necesario, temos que incidir novamente no escrito presentado semanas atrás ante esa D.X. instando a inminente necesidade de dotar de maior axilidade e capacidade o programa que xestiona o Rexistro Civil, DICIREG. Semanas atrás este sindicato reuniuse co Secretario de Estado de Xustiza, quen amosou a súa sorpresa cando lle comunicamos que en Galicia ese programa adolecía de moitas carencias, sobre todo rapidez e axilidade, colgándose continuamente e tendo que reiterar a introdución de datos continuamente.
Por tanto, descoñecemos se eses problemas son achacables ao Ministerio ou á D.X, aunque postos a falar co Ministerio din que o problema é de capacidade da línea en Galicia e por servidores con escasa capacidade. Pero o que é obvio, e que o de botar culpas fóra non é de recibo, máxime cando se achegan períodos estivais con maior afluencia de cidadáns que voltan doutros países e aproveitan a súa estancia para facer trámites.
Por todo iso, solicitamos que se proceda a revisar todo o sistema asi como conexions, servidores etc a fin de erradicar dunha vez este problema que se ven perpetuando dende hai demasiado tempo.