DOG: Obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2025.

  • Idiomas

7 de de març de 2025

Publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2025.

Persoas destinatarias.

As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Localidades onde se van realizar as probas.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.

Presentación de solicitudes e prazo.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente (código 304401). No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas a que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral da Lingua.

 As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 % que as imposibilite para acreditar algunha das destrezas comunicativas (comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita, expresión escrita) poderán solicitar motivadamente a exención da realización da proba ou probas referidas a esas destrezas.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250307/AnuncioG0766-030325-0001_es.html

 

COMPARTIR