Publicación da resolución de adxudicación de postos de libre designación no IMELGA.
- CSIF Informa
15 de d’abril de 2025

Dende a Dirección Xeral de Xustiza comunícannos que o vindeiro 16.04.2025 está prevista a publicación no DOG e no BOE a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo no Instituto de Medicina Legal de Galicia, anunciada por Resolución do 21 de febreiro de 2025.