ELECCIÓNS SINDICAIS DO PERSOAL DOCENTE DO ENSINO EN GALICIA .
- Otros artículos
13 de d’octubre de 2022
Celébranse o día 1 de decembro de 2022
O próximo 1 de decembro os/as docentes galegos estamos chamados ás urnas para escoller os nosos/as representantes. O teu voto será determinante para definir qué modelo de ensino queres. O ensino público, e só o público é o sinal de identidade de CSIF.
A nosa indepedencia e profesionalidade aporta un plus ao noso proxecto e ás nosas actuacións, nunha loita polas vosas condicións laborais e salariais sen ambigüidades. Reivindicamos unha escola pública, gratuita, feminista, inclusiva e de calidade, referente nunha sociedade próspera e xeradora de equidade e benestar.
Votar é un dereito irrenunciable. Nestas eleccións estades convocados/as máis de 33.000 docentes, dos vosos votos dependerá que teñamos máis forza para poder defender o modelo público de ensino polo que apostamos e que levamos no programa electoral (arquivo anexo)
Todos os procesos electorais son importantes, mais este ano -cecais- cobra especial relevancia a participación activa de todos e todas debido aos tempos duros que a comunidade educativa vén de sufrir coa pandemia e que segue sufrindo cos numerorsos recortes aplicados pola Conselleria, a merma nas condicións salariais e laborais e as continuas modificacións lexislativas.
Dende CSIF, estamos orgullosos de ter contribuído durante esta etapa a dignificar o labor docente, fundamental neste novo tempo. Agardamos contar coa vosa confianza para poder construír entre todos e todas o modelo de escola pública ao que, seguro, todos aspiramos e que será máis rico e diverso cantas máis voces nos sumemos a esta tarefa.
"Orgullosos de ser docentes" do ensino público. Pedímosche o voto o próximo día 1 de decembro!
CSIF Ensino é garante de que as túas condicións laborais non sexan devaluadas.
CSIF foi o único sindicato que saiu á rúa nunha manifestación multitudinaria o pasado 27 de setembro para defender os salarios dos/as empregados públicos ante a situación de crise e empobrecemento que vive o país.
Grazas ao noso pulso, o goberno viuse obrigado a iniciar a negociación salarial, mais o acordo finalmente pactado cos sindicatos de clase UGT e CCOO foi absolutamente insuficiente.
A recuperación do poder adquisitivo máis o do 100% das pagas extras, así como melloras no sistema de xubilación, figuran entre as medidas do programa que vos achegamos na pílula de hoxe sobre "Condicións Laborais".
Coñece íntegras as nosas propostas no documento que se achega e o próximo 1 de decembro dános a túa confianza para poder seguir construíndo xuntos o modelo de ensino público de calidade que queremos, que merecemos e que precisa dunhas condicións salariais e laborais dignas dos/as nosos docentes.
*Achegamos os seguintes documentos:
-Programa electoral íntegro
-Programa electoral reducido
-Información sobre o voto por correo
-Cartaz Pílula Programática 1: Ensino Público
-Cartaz Pílula Programática 2: Condicións laborais
-Cartaz Pílula Programática