Nace o Foro Local para a mellora dos servizos sociais nos concellos
- Prensa y Comunicación
9 de d’abril de 2025

CSIF, xunto aos sindicatos CCOO, CIG e UGT; participaron onte na primeiera xuntanza do Foro Local promovido coa FEGAMP para abordar a problemática dos servizos sociais que prestan os concellos en Galicia.
Este foro ponse en marcha co obxectivo compartido polas organizacións promotoras de mellorar a xestión local dos servizos sociais, coa conseguinte mellora na calidade da atención recibida polas persoas beneficiarias e nas condicións laborais das persoas profesionais que desenvolven este labor.
A reunión, na que participou Jerónimo Fernández Vicente, presidente de del sector Local en CSIF, serviu como primeiro intercambio de ideas e impresións da situación, acadándose o compromiso de traballar con urxencia sobre o diagnóstico, para o que se desenvolverá un traballo de recompilación de información sobre os problemas que se detectan dende os concellos que dificultan a xestión óptima dos servizos sociais.
Este foro traballará en maio para avaliar os avances na recollida de información para a composición dese diagnóstico, cara a continuar coa parte propositiva. Nestes traballos o Foro poderá contar coa colaboración doutras organizacións e institucións que tamén estean a traballar na mellora dos servizos sociais.