Novas de Emprego Público: bases do concurso específico e corpos xerais, procesos de funcionarización e comisión de seguimento do acordo de política social

  • Otros artículos
  • CSIF Informa

7 de de març de 2025

Na reunión da Mesa Sectorial de Funcionarios do pasado día 28 de febreiro, a directora xeral de Emprego Público informou das seguintes cuestións.

  • Bases do Concurso Específico: Están revisando e estudando as alegacións dos sindicatos. Convocarase unha reunión previa coas OOSS antes de levar o texto definitivo á mesa de negociación. CSIF solicita a máxima axilización.
  • Concurso de Corpos Xerais: No mes de marzo abrirase prazo para acreditación de méritos e a solicitude de postos.
  • Funcionarización do persoal fixo do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar: Celebraranse na ultima semana do mes de xuño ou na primeira do mes de xullo. Serán publicadas as convocatorias no DOG unha vez publicada a RPT do Consorcio.
  • Proceso de funcionarización de Coidadores e Auxiliares Coidadores (III-99 e IV-4): A Proba tipo test do proceso será o 20 de maio de 2025.
  • Reunión Comisión de Seguimento do Acordo de Política Social: Celebrarase a semana do 10 de marzo.
  • Reunión do Acordo de Baremos de SPIF: Previsión de celebrarse a próxima semana.

COMPARTIR