Nota Informativa da Mesa Sectorial do pasado 28 de febreiro
- Otros artículos
- CSIF Informa
7 de de març de 2025

Solo sete meses despois da reunión previa mantida con carácter de urxencia coa Consellería, a proposta de modificación da RPT de Economía e Industria foi levada á Mesa Sectorial para a súa negociación. Non dubidamos de que se tratan de modificacións necesarias, pero si cuestionamos a forma de facelas.
Esta modificación obedece en parte á adaptación ao Decreto de Estrutura da Xunta de Galicia. Pero, xa aproveitando tal circunstancia, fanse unha serie de modificacións. Modificacións que non dubidamos necesarias para o correcto funcionamento pero que si cuestionamos a forma de facelas.
Xefaturas de Sección Xurídica. Solicitamos a súa apertura aos subgrupos A1, A2 e C1 e que a licenciatura/grao en dereito sexa mérito e non requisito. Toda vez que se trata de postos de provisión por concurso xeral.
Apertura de postos a outras Administracións. CSIF esixiu á dirección xeral de Emprego Público que acredite que non se supera o sete por cento do número total de postos de traballo que poidan ser cubertos por persoal funcionario provinte doutras Administracións Públicas.
Xefaturas de Servizo por Libre Designación.
CSIF posicionase en contra do abuso da libre designación para a cobertura das Xefaturas de Servizo e denuncia a vulneración da Lei de Emprego Público de Galicia.