REUNIÓN DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

  • Prevención de Riesgos Laborales

5 de de setembre de 2024

No día de hoxe tivo lugar unha reunión coa DXX na que estiveron presentes as Delegadas e Delegados de Prevención e na que se trataron os seguintes temas:

  1. Aprobación da Acta da sesión anterior
  2. Regulamento do Comité de intervención: quedou aprobado nesta sesión, pero vai facerse unha mesa de traballo para ampliar e ir avanzando no protocolo de acoso sexual
  3. Actividades de prevención realizadas ata o momento e previstas próximamente:
  • Colocación de detectores de gas radón a partir do próximo día 10 , empezando polas plantas Baixas.
  • É MOI IMPORTANTE que estes detectores permanezan durante un mínimo de tres meses e non deberán ser cambiados de sitio nin ser manipulados.

     O 10 de setembro de 2024:- Tribunal Superior de Xustiza de Galicia- Audiencia Provincial da Coruña. (antiga fabríca de tabacos)

    O 11 de setembro de 2024:- Audiencia Provincial de Pontevedra- Edificio Xudicial de Marín

    O 12 de setembro de 2024:- Audiencia Provincial de Lugo- Edificio Xudicial de Ribadavia (Ourense)

    O 13 de setembro de 2024:- Audiencia Provincial de Ourense.

    O 16 de setembro de 2024:- Edificio Xudicial de Noia.

  • Melloras en todas as oficinas de Atención á Vítima de Galicia.
  • Colocación de desfibriladores naquelas localidades que ainda non contan con eles, comezando polas poboacións que conten con 4 e 3 xulgados.
  • Colocación de arcos de seguridade antes de que remate o ano, nos xulgados de de Ordes, Betanzos, Sarria e O Carballiño.
  • Na Cidade de Xustiza de Vigo terá lugar o día 17 de setembro una reunión con axentes externos (bombeiros, protección civil e policía local), solicitando CSIF que as delegadas/os de prevención podan estar presentes; e o día 26 de setembro formaránse os grupos de acción.
  1. Rogos e preguntas: dende Csif trasladamos todas as deficiencias e melloras que se deberían facer nos distintos órganos da comunidade a fin de que se podan resolver canto antes (escrito de alegacións).

Fitxers adjunts

COMPARTIR