Novas de Función Pública: distintos procesos de funcionarización, RPT Consorcio e elección destino auxiliar coidador

  • Otros artículos

19 de de febrer de 2025

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal informou do seguinte:

  • A Publicación no DOG da RPT Consorcio e a correspondente á Promoción Especifica do Persoal Laboral Fixo terá lugar na Primeira quincena do mes de Marzo.
  • A Modificación da Convocatoria Funcionarización das categorías III-099 e IV-004 farase na ultima Semana do mes de Febreiro isto permitirá ao persoal destas categorías que figuran na listaxe definitiva de admitidas e excluídas da Resolución do 25/03/24, poder facer efectiva a súa solicitude.

Xa na Rolda de Preguntas incidiuse nos seguintes temas:

  • Funcionarización do Persoal en Excedencia: Analizarán como procederán nas diferentes situacións que atopen.
  • Elección de destino dos postos de Auxiliar Coidador, informarán nas próximas semanas da forma na que se procederá.
  • Proceso de Funcionarización do persoal da Axencia Galega de Innovación (GAIN) respóstasenos que as prazas están na OPE do ano 2024.
  • Persoal Investigador dinos que como este persoal se atopa repartido entre varias Consellerías están a recibir informes de cada unha delas e analizar os datos enviados. Con respecto á convocatoria dos Procesos de Estabilización deste persoal (prazo rematado a 31 de decembro de 2024) explica que este prazo se pode prolongar por motivos xustificados.
  • Procesos de funcionarización de persoas con prazas en excedencia: están analizando como van a proceder
  • Proceso de Transferencia da Xestión do Litoral : Resposta a representante da Consellería de Medio Ambiente dicindo que se prevé que no primeiro trimestre deste ano se convoquen as reunións técnicas necesarias e que se faga público o RD de Transferencias.

 

COMPARTIR