Convocatoria cursos preparatorios Celga niveis 2, 3 e 4
- Convocatorias
7 de de febrer de 2025

As persoas interesadas en inscribirse nos cursos presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal. Tras accederen á citada plataforma, deberán identificarse co nome da persoa usuaria e contrasinal. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá crear unha conta como paso previo á inscrición.
Non serán admisibles outras formas de presentación das solicitudes. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na Secretaría Xeral da Lingua unha vez que se complete correctamente o proceso de inscrición.
O prazo de presentación de instancias rematará o 28 de febreiro de 2025