OPOSICIÓNS GALICIA 2023. LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NO PROCEDEMENTO SELECTIVO

  • Otros artículos

13 de abril de 2023

Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procedementos selectivos de ingreso aos corpos de PES, profesores especialistas en sectores singulares da FP, de EOI, de música e artes escénicas, de artes plásticas e deseño e de mestres

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproban as listas definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres (código de procedemento ED001A), convocados mediante a Orde do 5 de decembro de 2022 e anunciada mediante Resolución do 12 de decembro de 2022 (DOG n.º 242, do 22 de decembro).

O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra estas listas definitivas é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación.

O dito recurso deberá formularse por medios electrónicos, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o ÚLTIMO EXPEDIENTE co código de procedemento ED001A/2022, e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de acordo co establecido na base 6.4 da Orde do 5 de decembro de 2022.

Unicamente para o caso das persoas que non figuren na listas definitivas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para interpoñer o dito recurso deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.

O dito formulario da solicitude xenérica debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:

a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECURSO RESOLUCIÓN DO 12 DE ABRIL DE 2023 e especificar o corpo e especialidade

b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse na súa carpeta cidadá (“A miña sede”) tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR