CURRÍCULO DAS MATERIAS OPTATIVAS DO BACHARELATO

  • Otros artículos

27 de febrero de 2023

ORDE do 13 de febreiro de 2023 pola que se establece o currículo das materias optativas do bacharelato e se regula a súa oferta.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, dispón que é competencia plena da Comunidade Autónoma galega a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, o desenvolvan, e das facultades que lle atribúe ao Estado o artigo 149.1º.30 da Constitución.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, na redacción dada pola Lei orgánica 3/2020, do 20 de decembro, establece no seu artigo 34.7 que lles corresponde ás administracións educativas a ordenación das materias optativas, e o Real decreto 243/2022, do 5 de abril, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas do bacharelato, determina no seu artigo 14.1 que lles corresponde ás administracións educativas a regulación da oferta das materias optativas do bacharelato, que deberá incluír, cando menos, unha segunda lingua estranxeira.

O Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, determina no seu artigo 10.7 que todo o alumnado do primeiro curso do bacharelato debe cursar unha materia optativa, e no seu artigo 11.7, que todo o alumnado do segundo curso do bacharelato debe cursar unha materia optativa. Tamén establece que a consellería con competencias en materia de educación establecerá o currículo desas materias optativas.

De conformidade co establecido no artigo 10.7 do Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, todo o alumnado do primeiro curso do bacharelato debe cursar unha materia optativa, en función da oferta dos centros docentes, de entre as seguintes:

1º BAC 2º BAC

– Anatomía Aplicada.

– Antropoloxía.

– Cultura Científica.

– Literatura Galega do Século XX e da Actualidade.

– Segunda Lingua Estranxeira I.

– Tecnoloxías da Información e da Comunicación I.

– As materias de modalidade de primeiro curso.

– Métodos Estatísticos e Numéricos.

– Psicoloxía.

– Segunda Lingua Estranxeira II.

– Tecnoloxías da Información e da Comunicación II.

– Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia.

– As materias de modalidade de segundo curso.

 

Máis información

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR