PUBLICADAS AS LISTAS DEFINITIVAS DE INTERINOS NA ADMÓN. DE XUSTIZA DE GALICIA
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Interino
2 de junio de 2020
A Dirección Xeral de Xustiza acaba de publicar na intranet a RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2020 pola que se aproban as listaxes definitivas de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión, tramitación e auxilio xudicial.

As listaxes están publicadas na web:
https://cpapx.xunta.gal/interinos#corpos-xerais
na intranet de Xustiza:
e mais na OPAX:
https://www.xunta.es/sxpa/AIX/
Estas listaxes entrarán en vigor o día seguinte ao desta publicación e substituirán as listas vixentes, que quedarán anuladas nesa mesma data, sen que isto supoña ningún dereito para os integrantes destas.
Con todo, e de acordo coa disposición transitoria terceira da Orde do 4 de outubro de 2018, o persoal que no momento da entrada en vigor estea prestando servizos como persoal funcionario interino seguirá desempeñando o posto de traballo ata que proceda o seu cesamento.
Os interinos que estaban en suspensión temporal nas anteriores bolsas, deberán solicitar novamente a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16 da Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
A continuación, facilítase a información de contacto coas xefaturas territoriais correspondentes:
Xefatura Territorial da Coruña,
Servizo de Xustiza,
Praza de Luís Seoane, s/n,Edificio Administrativo Monelos,
15008 A Coruña.
Correo electrónico : servizo.xustiza.coruna@xunta.gal
Tfno. 981184472/981184456
Xefatura Territorial de Lugo,
Servizo de Xustiza,
Rolda da Muralla, nº 70,
27071 Lugo.
Correo electrónico: persoal.presidencia.lugo@xunta.es
Tfno. 982294308/982294360
Xefatura Territorial de Ourense,
Servizo de Xustiza,
Paseo da Habana, nº 79,
32004 Ourense.
Correo electrónico: sxsal.xustiza.ourense@xunta.es
Tfno. 988386408
Delegación Territorial de Vigo,
Servizo de Xustiza,
Rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar,
36201 Vigo (Pontevedra).
Correo electrónico: servizoxustiza.vi@xunta.gal
Tfno. 986817716/986817788