COMISIÓNS DE SERVIZO: modificacións da normativa

  • CSIF Informa

12 de septiembre de 2024

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a Resolución do 21 de marzo de 2022 pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

As modificacións son as seguintes:

Artigo 1 apartado 3: «Quedan fóra do ámbito desta resolución as persoas que estean en adscrición pro- visional, excepto o suposto recollido na letra b) do artigo 68 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia».

Artigo 4 apartado 1: « Na convocatoria de cobertura temporal de postos de traballo mediante comisión de servizos poderá participar o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que estea en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover. Tamén poderá participar o persoal funcionario de carreira que non teña destino definitivo por atoparse na situación do artigo 68.b) do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia».

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR