CSIF reitera, unha vez máis, que se solucione xa o problema de filtración de auga no Xulgado do social número 4 de Lugo.
- CSIF Informa
21 de abril de 2025

Dende CSIF diriximos escrito á Dirección Xeral de Xustiza apoiando o acordo da Xuíza Decana de proceder á clausura provisional do Xulgado do Social número 4 de Lugo no día de hoxe mentres non se arranxen os problemas de filtración de auga, situación que CSIF xa denunciou no Comité de Seguridade e Saúde Laboral o 09-02-2023 e reiterou nun escrito o día 31 de xaneiro de 2025 posto que debido ás intensas choivas naquel mes caeu o falso teito enriba da mesa dunha das funcionarias deste xulgado.
É inaudito que non se tiveran tomado medidas en todo este tempo, pois volvemos insistir en que no ano 2023 existían xa estas goteiras, poñendo en risco a seguridade do persoal funcionario e da cidadanía que acode ás dependencias do xulgado.
Polo tanto, esta situación non pode sosterse máis no tempo e, por iso, dende CSIF solicitamos que se arranxe o problema de forma urxente.