MESA SECTORIAL 23-04-2025

  • Últimas noticias
  • CSIF Informa

23 de abril de 2025

No día de hoxe estabamos convocados á Mesa Sectorial coa seguinte orde do día:

1. Dar conta da fase 1 da nova oficina xudicial

2. Dar conta da conferencia sectorial de xustiza

3. Proposta de acordo para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da administración de xustiza de Galicia

O DXX pretendeu nun primeiro momento converter a mesa sectorial nunha mesa informativa, ao que nos opuxemos as OOSS, que propuxemos:

- Continuar como mesa sectorial e polo tanto entrar negociar

- Abordar como primeiro punto da reunión o acordo económico (aínda pendente de rematar a negociación da parte non retributiva), posto que a DXX asumira en reunións previas o carácter prioritario do mesmo.

- Negociar o borrador de estrutura e deseño do novo modelo de oficina, fronte a pretensión da dirección xeral de só informar do seu contido.

O DXX, en canto ao acordo retributivo accedeu a modificar o borrador no sentido de reflectir os efectos económicos desde o 1 de xaneiro, rexeitando o resto de peticións sindicais.

En canto a estrutura, o DXX negou que fose materia obxecto de negociación alegando a potestade de autoorganización da administración, ignorando conscientemente a obriga que establece o TREBEP de negociar cando esta potestade afecte ás condicións de traballo, posto que segundo este, esta reforma “no afecta a las condiciones de trabajo”.

Este punto é fundamental para as persoas traballadoras posto que a estrutura afectará a materias obxecto de negociación como:

· Condicións de traballo

· Planificación estratéxica de RRHH

· Sistema de clasificación de postos de traballo

· Plans e instrumentos de planificación de RRHH

· Determinación e aplicación de retribucións complementarias

· Mobilidade funcional e xeográfica

Parecera que a DXX pretende que asinemos un acordo retributivo que supoña un cheque en branco para elaborar un deseño de oficina xudicial sen negociación de ningún tipo.

Tras un tenso debate, a DXX comprometeuse a enviar unha proposta de acordo retributivo esta tarde.

Seguirémosvos informando

Accede á nota 👇🏽

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR