Concurso xeral de traslados curso 2022/23

  • Otros artículos

13 de octubre de 2022

CONCURSO XERAL DE TRASLADOS 2022/2023

 

Instrucións para a toma de posesión do profesorado que obtivo destino definitivo nos concursos de traslados convocados no curso académico 2022-2023

 

INSTRUCIÓNS TOMA DE POSESIÓN

 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CORPO DE MESTRES

 

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres (código de procedemento ED012A), convocado mediante a Orde do 4 de outubro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 196, do 14 de outubro).

 

Contra esta resolución definitiva, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes conta- do a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento admi- nistrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso- administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo que sexa competente, de acordo co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administra

RESOLUCIÓN DOG

 

 

 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE SECUNDARIA

 

 

No DOG n.º 87 do 8 de maio de 2023 publicouse a Resolución do 26 de abril de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).

O persoal interesado poderá presentar recurso de reposición contra a citada resolución obrigatoriamente por medios electrónicos no prazo comprendido entre o día 9 de maio ata o 8 de xuño de 2023, ambos incluídos, do seguinte xeito

a) Persoal concursante do ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia:

Aquelas persoas que presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) unha solicitude de participación no procedemento ED012A, para formular o dito recurso deberán acceder ao dito procedemento e seleccionar o trámite "recurso de reposición".

b) Persoal concursante do ámbito de xestión doutras comunidades autónomas:

Para aquelas persoas que participaron dende outra comunidade autónoma e solicitaron destinos nesta comunidade autónoma, para formular o dito recurso deberán acceder a dita sede electrónica (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A (premer aquí) e no dito formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:

-No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO RELACIONADO: Recurso de reposición contra a resolución do 26 de abril de 2023. (secundaria e outros)

-No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

 

TODA A INFORMACIÓN


 

CONCURSO DE TRASLADOS

RESOLUCIÓN DEFINITIVA MESTRES

12/06/2023

RESOLUCIÓN DEFINITIVA SECUNDARIA

08/06/2023

INSTRUCCIÓNS TOMA DE POSESIÓN 18/06/2023
   
 

 

 

 

 

CONCURSO XERAL DE TRASLADOS 2022/2023

VACANTES DEFINITIVAS

VACANTES DEFINITIVAS TODOS OS CORPOS

26/04/2023
 

 

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE SECUNDARIA

 

  • Para formular reclamacións deberá proceder do seguinte xeito:

a) para reclamar ao baremo provisional

Nota: Cómpre revisar previamente as puntuacións outorgadas que se refliten na lapela de baremo na súa instancia presentada no enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/cxt/

1.-Unha vez feita esta comprobación, Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt

2.-Na opción Participación do menú poderá ver a súa instancia validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.

3.-Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.

4.-Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".

5.- A ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar e descargar o informe coa reclamación no buzón de informes.

6.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de reclamación, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións”.

7.-Cubra o formulario de “Alegacións” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Reclamacións xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.

8.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta.

b) para reclamar á exclusión provisional

Deberá reclamar accedendo directamente á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións” de conformidade cos pasos descritos no punto anterior.

  • Para formular renuncia deberá proceder do seguinte xeito:

1.-Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt

2.-Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso.

3.-Marcar o recadro Renuncia ao concurso no corpo de participación e premer no botón "Renunciar".

4.-Descargar o documento PDF que está ao lado do recadro que acaba de marcar.

5.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de renuncia, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Renuncia”.

6.-Cubra o formulario de “Renuncia” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Renuncia xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.

7.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.

 

TODA A INFORMACIÓN

CONCURSO XERAL DE TRASLADOS 2022-2023

ORDE do 4 de outubro de 2022 pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario docente dos corpos de catedráicos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).

SOLICITUDES: As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED012A), tamén poderán cubrirse na páxina web https://www.edu.xunta.gal/cxt e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica.

PROCEDEMENTO: ED012A

PRAZO: desde o día 17 de outubro ata o 7 de novembro de 2022, ambos os dous incluídos.

O número de peticións que cada participante pode incluír na súa solicitude non poderá exceder de 300, aínda que estas poderán ser a centro e/ou localidades.

LIGAZÓN DOG

Publicamos o monográfico CSIF INFORMA CXT 2022/2023 onde podes informarte dos aspectos máis importantes relacionados co concurso que podes consultar nos anexos. 

Tes á túa disposición tamén un catálogo dos centros donde podes consultar información sobre cada centro.

VACANTES POR PROVINCIAS

A CORUÑA

PRIMARIA

 SECUNDARIA

 

LUGO

TODOS OS CORPOS 

OURENSE

TODOS OS CORPOS

PONTEVEDRA

PRIMARIA

SECUNDARIA

XUBILACIÓNS PREVISTAS POR PROVINCIAS

A CORUÑA

 TODOS OS CORPOS

LUGO

 PRIMARIA 

SECUNDARIA

OURENSE

  SECUNDARIA

 PRIMARIA

PONTEVEDRA

 SECUNDARIA 

 PRIMARIA

 
 

Vacantes provisionais do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos e PES, PT, EOI, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores de Educación para o 2022

Resolución do 13 de xaneiro de 2023 pola que se fan públicas as vacantes provisionais que serán obxecto de provisión no concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

LIGAZÓN

 


Consulta o concurso de traslados do ano 2021/2022 -> https://www.csif.es/contenido/galicia/educacion/328265


 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR