Convocatoria do programa educativo "Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais"
- Convocatorias
15 de septiembre de 2023
Resolución do 13 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023/24.

Regúlase o programa Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais e establécense ras bases para a participación no mesmo dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023/24.
Destinatarios
Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
O programa consiste na realización dun único obradoiro por centro de carácter eminentemente práctico que abordará a xestión segura das redes sociais que máis están a utilizar os e as menores. A impartición da dinámica, de hora e media de duración e para un máximo de 30 alumnos/as (da mesma ou de diferentes aulas), correrá a cargo de especialistas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
En total, executaranse 250 obradoiros que terán lugar desde outubro de 2023 a xuño de 2024 e que se realizarán presencialmente. A distribución durante o curso será a seguinte:
• de outubro a decembro levaranse a cabo 100 talleres
• de xaneiro a xuño terán lugar os 150 obradoiros restantes
Para a súa organización, concretaranse as datas e os horarios entre a persoa coordinadora de cada centro educativo e as especialistas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Solicitudes e prazo de presentación
As solicitudes enviaranse ao enderezo electrónico asesoria.participacioneducativa@edu.xunta.gal co seguinte asunto: “Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais”. Para formalizala, achegarase como arquivo adxunto o documento Anexo I desta resolución.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir da publicación desta convocatoria no portal educativo a través da seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/.
Selección dos centros
Os centros seleccionaranse segundo a orde de entrada da solicitude no enderezo sinalado no apartado 6, ata un máximo de 250 centros. En caso de quedar prazas sen cubrir, distribuiríanseentre os centros que indicasen o interese de realizar máis dun obradoiro, seguindo o criterio anterior.