O PROFESORADO NON SE VENDE!

  • Negociaciones y acuerdos

22 de noviembre de 2023

O PROFESORADO NON SE VENDE!

         CSIF Ensino quere dar as grazas a toda a comunidade educativa que durante este mes se sumou á participación nas  actividades previstas na axenda de mobilizacións convocadas por CSIF, CIG e STEG para o mes de novembro en contra do "Acordo de renuncias" asinado por CCOO, UGT e ANPE co goberno da Xunta.

         Centos de compañeiros e compañeiras participástedes nas diferentes protestas  feitas durante este mes tanto nos centros, como nas mobilizacións e concentracións  previstas nesta campaña de "Novembro de loita".

         Así pois *CSIF ENSINO, xunto con STEG E CIG ENSINO quérevos convocar a unha participación masiva na FOLGA do profesorado do 28 de novembro.

         As tres organizacións sindicais, que sumamos o 59% da representatividade do profesorado galego, rexeitamos o acordo firmado por outros sindicatos xa que non permite recuperar o perdido e que tanto tempo levamos reivindicando dende esta organización.

Se ti non te conformas, nós tampouco. Pedimos ao profesorado que alce a súa voz para dicir unha vez máis "NON AO ACORDO DE MELLORAS DAS CONDICIÓNS LABORAIS DO PROFESORADO GALEGO PROPOSTA POLA CONSELLERÍA"

COMPARTIR