INTERINOS E SUBSTITUTOS. ABERTO O PRAZO PARA ACTUALIZAR O EXPEDIENTE ELECTRÓNICO

  • Otros artículos

21 de marzo de 2022

Ata o día 1 de abril de 2022
Procedemento ED011A

A Consellería acaba de informar a través do correio electrónico coporativo que abre o prazo  ata o día 1 de abril de 2022  para que o persoal funcionario interino/substituto poida actualizar e/ou modificar o seu expediente persoal mediante o procedemento ed011a. a actualización e/ou modificación do seu expediente persoal neste prazo permitíralle ter actualizado o seu expediente para os efectos de baremación en futuros procesos selectivos que poida convocar a consellería de cultura, educación e universidade.

 

Para poder actualizar e/ou modificar o expediente persoal deberá proceder do seguinte xeito:

1. Acceder á páxina web www.edu.xunta.gal/datospersoais

2. Identificarse mediante calquera dos mecanismos permitidos: correo de dominio edu.xunta.gal e contrasinal, Chave 365 ou certificado electrónico.

3. Premer na lapela As miñas instancias (parte esquerda do menú)

4. Seleccionar o tipo de instancia: Instancia de méritos marzo 2022 e premer no botón CREAR NOVA INSTANCIA

5. Unha vez creada a instancia deberá acceder ao menú existente no apartado Resumo de alegacións e formular as alegacións que considere oportunas utilizando o botón Facer alegacións. Neste paso deberá engadir na aplicación con cada alegación o documento xustificativo desta.

6. Logo de finalizar as alegacións, deberá pechar a solicitude e presentala electronicamente mediante a lapela Presentación en sede cuxa ligazón lle permitirá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia. Lembre que a solicitude só estará correctamente presentada cando se lle permita descargar o recibo xustificativo da presentación telemática.

COMPARTIR