Novas profesorado Relixión

  • Normativa
  • Otra normativa

2 de diciembre de 2020

 

Resolución do 20 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702400), nos centros docentes públicos que dependen desta consellería(código de procedemento ED003A)

  • As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet desta consellería, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" activado no procedemento normalizado ED003A

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

Resolución do 20 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión evanxélica, nos niveis de infantil e primaria (701402) e no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702403) nos centros docentes públicos que dependen desta consellería (código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet desta consellería, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" activado no procedemento normalizado ED003A

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

 

Resolución do 11 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702400) nos centros docentes públicos que dependen desta consellería (código de procedemento ED003A).

As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.

O prazo de presentación de alegacións abranguerá desde o día 12 de novembro ata o día 14 de novembro de 2024, ambos incluídos.

Non se admitirán alegacións/reclamacións que non sexan presentadas a través do procedemento ED003A.

Resolución do 11 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión evanxélica, nos niveis de infantil e primaria (701402) e no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702403), nos centros docentes públicos que dependen desta consellería (código de procedemento ED003A)

As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no prazo comprendido entre o día 12 de novembro de 2024 e o 14 de novembro de 2024, ambos incluídos.

Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.

Achegase resolución, baremo provisorio e relación provisoria de persoas excluídas.

O Sector Nacional de Educación reuniuse o día 6 de novembro cos responsables de Relixión de todas as Comunidades Autónomas para analizar as súas condicións laborais. Todo o colectivo está extremadamente preocupado pola deixadez de funcións e a imposibilidade de interlocución co MEFP

Por todo esto, acordouse emprender accións inmediatas ante esta situación.

Imos seguir loitanto pola unificación de criterios: IGUAL TRABALLO, MESMA REMUNERACIÓN.

CSIF seguriá defendendo os principios de igualdade, capacidade e mérito: se hai unha lexislación, a administración competente debe executala. O Ministerio de Educación debe ser garante do cumprimento de ditos principios na distribución de horas e centros.

CSIF é a única organización sindical con capacidade e presencia en todos os espazos de negociación a nivel provincial, autonómico e nacional.

Recordemos que NON HAI UN SÓ EMPREGADO PÚBLICO AO QUE CSIF NON DEFENDA.

Orgullosos de ser DOCENTES DE RELIXIÓN




 

Publicación da convocatoria para interinidades e substitucións nas listas de relixión católica e evanxélica (25/10/2024)

Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702400), e para impartir docencia de relixión evanxélica, nos niveis de primaria (701402) e no nivel de de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702403) nos centros docentes públicos que dependen desta consellería (código de procedemento ED003A).

  • Prazo de presentación de solicitudes: desde o venres día 25 de outubro de 2024 ata o día 31 de outubro de 2024, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude, ademais da documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED003A.

 




NEGOCIACIÓNS PROFESORADO DE RELIXIÓN


 🔻 Na rolda de contactos que os delegados-as de CSIF no Profesorado de Relixión de Galicia están mantendo na Conselleria de Educación, como sindicato maioritario no colectivo, tiveron unha reunión co Inspector Xefe de Pontevedra, Miguel Ángel Hernández e a coordinadora da Inspección Educativa na zona de Vigo, Raquel Gómez.

🔻Nesta xuntanza debatéronse e aclaráronse cuestións de interese para o profesorado de relixión así como a organización do vindeiro curso escolar 2024-2025.




Reunión dos delegados de relixión coa Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

 

Nos contactos que a responsable de CSIF ENSINO e delegados do profesorado de relixión están mantendo na Conselleria de Educación  como sindicato maioritario no colectivo,  tiveron unha reunión coa Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería.

🔻Nesa reunión  trasladaronlle á Directora Xeral inquedanzas que afectan ó colectivo de profesores-as de relixión de Galicia.

🔻 A directora xeral comprometeuse a traballar cos representantes do profesorado en temas como:

1. Establecer un concursiño, os anos que non haxa concurso de traslados, para facilitar a mobilidade do profesorado de relixión laboral indefinido.

2. Regular de xeito claro cuestións relacionadas coas itinerancias e os apoios en primaria.
 
🔻CSIF ENSINO, coa forza que nos da o respaldo do profesorado de relixión, segue coa rolda de contactos na Conselleria de Educación e noutras direccións xerais da Xunta para mellorar temas que afectan ó colectivo.

 





 Hoxe, día 3 de xaneiro de 2024 a responsable de CSIF ENSINO e delegados do profesorado de relixión do sindicato mantiveron unha reunión co subdirector xeral de centros e recursos humanos da Consellería de Educación.

Nesa reunión trasladáronlle ó subdirector xeral as inquedanzas do día a día e as propostas de maior calado que afectan ó colectivo de profesores-as de relixión de Galicia.

 Entre os puntos tratados na reunión destacan:

1. Acceso ó posto de traballo e mobilidade do profesorado de relixión. Concurso de Traslados.

2. Aspectos non regulados no Acordo de Itinerancias ou dúbidas de interpretación do mesmo que precisan aclaración.

3. Apoios Educativos en primaria.

4. Xubilación do profesorado de relixión. Contrato remuda.

5. Avanzar no proceso de estabilización laboral do profesorado de Relixión.

 O subdirector xeral comprometeuse a avanzar naqueles temas que competen directamente o seu departamento.

 Esta é a primeira das reunións que CSIF ENSINO como sindicato maioritario no profesorado de relixión ten solicitadas na Conselleria de Educación e noutras direccións xerais da Xunta para tratar temas que afectan ó colectivo.

 

 




NORMATIVA PROFESORADO DE RELIXIÓN

 

Ante as numerosas dúbidas que xorden a diario acerca das funcións do profesorado de relixión nos centros, recollemos a orde na que se regulan.

 

ORDE REGULADORA DAS FUNCIÓNS DO PROFESORADO DE RELIXIÓN NOS CENTROS

 

 

 






REXEITAMENTO AO ACORDO DE MELLORAS 2023

 

CSIF ENSINO, sindicato maioritario do profesorado de relixión de Galicia non asina o acordo proposto pola administración para reducción de ratios e horas lectivas xa que o considera totalmente insuficiente.

  •  Dende a nosa independencia e responsabilidade co colectivo que representamos dixemos NON ao acordo.

Este acordo non cumpre con algunhas das demandas básicas do profesorado de relixión:
- Volta ás 21 horas lectivas en primaria e ás 18 en secundaria.
- Baixada das ratios en todos os niveis de maneira conxunta e en menos anos.

  •  Lembrade que estos temas son moi importantes para o noso colectivo. A volta ao horario anterior e a baixada de ratios implicarían menos itinerancias do profesorado indefinido e unha maior contratación de persoal substituto.

 





 

Procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións do corpo de profesores de relixión de primaria, especialidade relixión evanxélica e de relixión secundaria, especialidade relixión evanxélica

 

Prazo de presentación de solicitudes: desde o luns día 25 de setembro de 2023 ata o día 29 de setembro de 2023, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación xunto co impreso de autobaremación de méritos, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude, ademais da documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED003A

 

LISTAXES DEFINITIVAS

 

  • As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" activado no procedemento normalizado ED003A

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

 

 





ELECCIÓNS SINDICAIS 2022

 

CARTA AGRADECEMENTO AO PROFESORADO DE RELIXIÓN

 

Estimados profesores-as de Relixión de Galicia.

 

Moitas grazas polo voso apoio, polas vosas palabras de alento, polo voso trato en todo este tempo que percorrimos Galicia para dar a coñecer o noso proxecto, todo este cariño que nos mostrástedes, que tanto pulo nos deu,  convertéstelo en votos que fixo que teñamos representación nos comités de empresa das catro provincias galegas.

 

Con todo este apoio CSIF pasou de 2 a 7 delegados na provincia de Pontevedra e de 2 a 11 delegados no cómputo global de Galicia. Con estos resultados somos, gracias a vós, o sindicato máis representativo a nivel galego.

 

Tende claro que toda esta forza, ímola a empregar por e para vós, loitando día a día pola consolidación e mellora das nosas condicións de traballo, seguiremos nas pequenas cousas de cada un e nas grandes cousas de todo o colectivo.

 

Tende claro que toda esta forza ímola empregar para que tódolos comités de empresa funcionen, e se reúnan regularmente para dar solución as inquedanzas do colectivo que representan.

 

Tende claro que as decisión que teñan que ver con nós, tomámolas nós, co apoio do noso sindicato. Por nós non fala ninguén, fuximos de paternalismos e de tutelas de ningún tipo.

 

Tende claro que os delegados-as de CSIF no profesorado de relixión, estamos coa dignidade do seu emprego e a súa profesión que inclúe a dignidade da materia que imparte.

 

 

ORGULLOSOS DE SER DOCENTES DE RELIXIÓN

 

 

RESULTADOS ELECTORAIS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

COMISIÓN DE SAÚDE

APERTURA DO PRAZO 12/05/2023
NORMATIVA 12/05/2023
CSIF ENSINO INFORMA COMISIÓNS DE SÁUDE 12/05/2023
RESOLUCIÓN PROVISORIA  

 

 

 

 

Apertura do prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde para o curso académico 2023/24

 

O único prazo de solicitude de comisión de servizos en atención a situacións persoias especiais por motivos de saúde é do 15 de maio de 2023 ao 29 de maio de 2023, ambos incluÍdos.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo https://www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.

Ligazón á normativa: Orde de 28 de febreiro de 2020 (DOG do 9 de marzo de 2020)

Máis información: https://www.edu.xunta.es/cadp/

Consulta en anexo a normativa

 

 

 

 

Relación provisional de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, admitidas e excluídas para o curso académico 2023/24

Resolución do 15 de xuño de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se fai pública a relación provisional de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, admitidas e excluídas de conformidade coa Orde do 15 de abril de 2019, código de procedemento ED010A (DOG nº 82, do 30 de abril).

De conformidade co artigo 10 da Orde do 15 de abril de 2019, contra esta resolución provisional, as persoas interesadas poderán formular alegacións, no prazo comprendido entre o día 16 e o día 22 de xuño de 2023, ambos os dous incluídos, por medios electrónicos, mediante o trámite Alegacións activado no procedemento normalizado ED010A do seguinte xeito:

  1. Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal
  2. Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.
  3. Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de comisión de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, (código de procedemento ED010A) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegacións”.

IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED010A). Non se tramitarán as alegacións formuladas en solicitudes que non sexan á última presentada neste procedemento en sede electrónica.

4. Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”

A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegacións asinado como o recibo de presentación desta.

 

 

COMISIÓN CONCILIA

APERTURA DO PRAZO 12/05/2023

NORMATIVA

12/05/2023

CSIF ENSINO INFORMA CONCILIA 12/05/2023

RESOLUCIÓN PROVISORIA

15/06/2023

 

 

 


 

 

Apertura do prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral para o curso académico 2023/24

O único prazo de solicitude de comisión de servizos en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral é do 15 de maio de 2023 ao 29 de maio de 2023, ambos incluÍdos.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo https://www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.

Ligazón á normativa: Orde de 15 de abril de 2019 (DOG do 30 de abril de 2019)

Máis información: https://www.edu.xunta.es/cadp/

 

Consulta en anexo a normativa

 

 

_______________________

 

 

RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DAS LISTAS DE INTERINIDADES E SUBSTITUCIÓNS PARA IMPARTIR DE RELIXIÓN CATÓLICA NA SECUNDARIA

 

Resolución do 3 de abril de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702400), nos centros docentes públicos que dependen desta consellería (código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

TODA A INFORMACIÓN

 

 

 

 

 

__________________

 

 Por unha información veraz.   

 Ante información trasladada por esta canle a todo o profesorado das distintas relixións sobre a apertura de listas de interinidades  e substitucións para impartir docencia de Relixión Católica, no nivel de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato nos centros docentes públicos galegos, e na que unha organización sindical que non é asinante do Acordo de Persoal Interino e Substituto se arroga a súa apertura, debemos aclarar que a apertura de listas de interinidades/substitucións en calquera asignatura das que se ten confeccionada lista na nosa comunidade autónoma faise segundo o procedemento recollido no punto 10º do Acordo de Interinos asinado por ANPE, CCOO, CSIF e UGT.....Décimo. Convocatorias de listas de interinidades e substitucións

.....Se unha vez realizado chamamento a todas as persoas que constan nas relacións mencionadas no punto segundo continuase resultando necesario cubrir necesidades de profesorado, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, logo de comunicación ás organizacións sindicais con presenza na mesa sectorial docente non universitaria procederá a abrir un prazo de solicitudes, aplicarase o baremo publicado na fase de concurso do último concurso-oposición...

---------------------------------------------------------

 

 

CONCURSO DE TRASLADOS

Publicación da resolución pola que se resolve o concurso de traslados entre profesado de relixión que presta servizos nos centros educativos dependentes desta consellería

RESOLUCIÓN 

INFANTIL E PRIMARIA

ESO E BAC

TODA A INFORMACIÓN CONCURSO TRASLADOS

 

 

 

 

 

 

 

 

--------------------------------

 

 

PETICIÓN UNITARIA DAS ORGANIZACIÓNS REPRESENTATIVAS DO PROFESORADO DE RELIXIÓN DE GALICIA 

 

Todas as Organizacións que representamos ao persoal laboral docente que imparte a materia de relixión nos centros públicos de Galicia, 

MANIFESTAMOS que: 

  • –  A aprobación da LOMLOE está creando inquedanza e preocupación no profesorado que a imparte. 

  • –  As organizacións asinantes tanto a nivel individual como en conxunto, nos comprometemos a loitar e negociar melloras laborais que rematen coa incerteza laboral do colectivo. 

  • –  Instamos á Consellería de Cultura, Educación e Universidade a que, nun clima de diálogo coas Organizacións, tomen medidas para que a aplicación da nova lexislación non afecte negativamente ás condicións laborais do profesorado de relixión. 

  • Por todo o exposto, SOLICITAN que: 

  • Coa maior brevidade sexamos citados por esa Consellería para abordar estes temas. 

Podedes consultar o escrito en anexo

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR