COMUNICACIÓN DE INCAPACIDADES
12 de enero de 2024
INCAPACIDADE TEMPORAL
- TITORIAL CSIF COMUNICACIÓN PARTES (OBRIGATORIO SÓ PARA PERSOAL INCLUÍDO NO SISTEMA MIXTO ou MUFACE con asistencia sanitaria de SEGURIDADE SOCIAL)
IMPRESOS MUFACE (PARTE DE BAIXA SITUACIÓNS DE IT)
INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA
A) PERSOAL INCLUÍDO NO RÉXIME XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL
A partir do 1 de abril de 2023 suprímese a obriga da persoa traballadora incluída no Réxime xeral da Seguridade Social de presentar o parte de baixa, de confirmación ou de alta médica á empresa.
En consecuencia, o persoal non docente e docente non universitario incluído no RÉXIME XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL que presta servizos en centros públicos docentes dependentes desta consellería deberá comunicar a situación de incapacidade temporal e a previsible duración desta mediante esta funcionalidade sen que sexa preciso que se suba á dita páxina ningún parte médico (baixa, confirmación ou alta) de conformidade coa Instrución nº1/2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Así mesmo, deberá comunicar tamén mediante esta mesma funcionalidade, a data de alta con antelación suficiente á incorporación ao posto de traballo.
B) PERSOAL INCLUÍDO NO SISTEMA MIXTO ou MUFACE con asistencia sanitaria de SEGURIDADE SOCIAL
O persoal que pertenza ao SISTEMA MIXTO ou MUFACE con asistencia sanitaria de SEGURIDADE SOCIAL será obrigatorio que empregue esta funcionalidade da aplicación informática para remitir o parte médico de baixa, confirmación e alta dixitalizado á Xefatura Territorial correspondente. Como consecuencia non se remitirán os orixinais destes partes ao centro educativo nin a Xefatura Territorial. A remisión dos partes débese facer dentro dos prazos que se relacionan a continuación:
De acordo co Real Decreto 625/2014, de 18 de xullo, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros 365 días de duración(BOE nº 176, de 18 de xullo de 2014), modificado polo Real decreto 1060/2022, do 27 de decembro (BOE nº 4, do 5 de xaneiro de 2023)
Parte médico de baixa
O traballador recibe dúas copias de parte de baixa: unha para a súa constancia e outra para presentar na empresa -exemplar para a empresa- dentro do prazo de tres días, contados a partir da data de expedición do parte.
Parte de confirmación da baixa
O traballador recibe dúas copias do parte médico de confirmación da baixa: unha para súa constancia e outra para presentar na empresa -exemplar destinado a empresa- dentro do plazo de tres días contados a partir da data de expedición do parte.
Parte médico de alta
O traballador recibe dúas copias do parte médico de alta: unha para sua constancia e outra para presentar na empresa dentro das 24 horas seguintes.
Incumprimento destas obrigas
Considérase infracción en xeral, o incumprimento dos deberes de carácter informativo por parte do traballador. (Lei sobre Infraccións e Sancións da Orde Social aprobada por Real Decreto Lexislativo núm. 5 /2000 do 4 de agosto).
Real Decreto 625/2014, do 18 de xullo, modificado polo Real decreto 1060/2022, do 27 de decembro (BOE nº 4, do 5 de xaneiro de 2023) e Orde ESS/1187/2015, do 15 de xuño, modificada pola Orde ISM/2/2023, do 11 de xaneiro.
ACCIDENTES EN ACTO DE SERVIZO
A normativa contida na orde do MAP APU/3554/2005, do 7 de novembro aplícase ao persoal funcionario de carreira e funcionario en prácticas, que ten a condición de mutualista obrigatorio e o seu réxime especial de seguridade social é o de Clases Pasivas do Estado.
O resto do persoal (basicamente persoal interino e persoal non docente) que ten a súa cobertura no Réxime Xeral da Seguridade Social, mantén o procedemento de parte de accidentes asistido e xestionado pola Mutua de Accidentes de Traballo.
ADAPTACIÓN DO POSTO DE TRABALLO