Publicación en DOG resolución definitiva CXT
10 de abril de 2024
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), con carácter potestativo, un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que sexa competente, de acordo co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.