Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais 2024/25
- Concursos y movilidad
14 de mayo de 2023
Instrucións toma de posesión do persoal docente adxudicado (todos os corpos)
RESOLUCIÓN DEFINITIVA (Portal Educativo 02/08/2024)
Xúntase Resolución do 2 de agosto de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se publica a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o próximo curso académico 2024/25 ao persoal dos corpos docentes que non teña destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concellaría, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino ou substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo de acordo co establecido no artigo 37.d) da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais (DOG núm. 113, do 14 de xuño) e o punto quinto da Resolución do 11 de xuño de 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 119, do 20 de xuño) da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
Unha vez publicada no DOG a resolución de adxudicación definitiva, as persoas interesadas disporán dun prazo dun (1) mes para interpoñer recurso potestativo de reposición contra a citada resolución contado dende o día seguinte ao da publicación. O prazo será o comprendido entre o día 24 de agosto de 2024 ata o día 23 de setembro de 2024.
O dito recurso deberá formularse exclusivamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o código de procedemento ED002B.
Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.
VACANTES PROVISIONAIS MESTRES
RESOLUCIÓN PROVISIONAL (Portal Educativo 26/06/2024)
- Resolución adxudicación provisional
- Adxudicación provisional Mestres (Orde Alfabética)
- Adxudicación provisional Mestres (Orde Adxudicación)
- Adxudicación provisional Secundaria e outros (Orde Alfabética)
- Adxudicación provisional Secundaria e outros (Orde Adxudicación)
De acordo co establecido no punto cuarto da Resolución do 11 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia nº 119, do 20 de xuño), publícase a resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes non universitarios para o curso académico 2024/25.
O prazo para formular reclamacións ou renuncias é o comprendido entre o día 29 de xullo ata o 30 de xullo de 2024, ambos incluídos.
-
Reclamacións á adxudicación provisional do concurso de destinos provisionais para o corpo de mestres e corpos de secundaria
As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código do procedemento ED002B) e deberá proceder do seguinte xeito:
1º Acceda á Sede electrónica da Xunta de Galicia e identifíquese coa súa Chave 365 ou certificado dixital.
2º Localice o ÚLTIMO EXPEDIENTE correspondente a súa solicitude de participación no concurso de destinos provisionais (ED002B) e prema no botón Acción: Alegacións.
AVISO: no caso de que se lle recuperara a súa solicitude de convocatorias anteriores ou non finalizase correctamente a presentación en sede e non poida realizar accións sobre o expediente deberá empregar a solicitude xenérica PR004A dispoñible na sede para formular as alegacións. Neste caso no campo EXPÓN da solicitude deberá indicar: RECLAMACIÓN CADP MESTRES OU SECUNDARIA (segundo corresponda).
3º Cubra o formulario, asine e finalice a presentación na sede seguindo os pasos que se lle amosan.
4º Descargue o recibo electrónico de presentación da súa reclamación.
AVISO: o trámite activarase o luns día 29 de xullo de 2024.
-
Renuncias á adxudicación provisional do concurso de destinos provisionais para o corpo de mestres e corpos de secundaria
A) Persoal interino e substituto
As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse unicamente a través da aplicación web http://edu.xunta.es/cadp e non resultará necesaria a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia. Só poderá empregar esta opción o persoal funcionario interino.
Para renunciar deberá proceder do seguinte xeito:
1º Acceda á aplicación web https://www.edu.xunta.gal/cadp e identifíquese coa súa Chave 365 ou certificado dixital segundo corresponda.
2º Ir ao menú Instancias e indicar as instancias ás que se renuncia (Columna accións)
3º Descargue o comprobante da renuncia ou renuncias que presentou, este comprobante non é necesario que o presente.
Se renuncia a todas as especialidades, a aplicación solicitaralle na última especialidade a que renuncie que indique a causa e achegue a documentación xustificativa. Só se permite engadir un arquivo de modo que no caso de que necesite achegar máis dun deberá xuntar todos os arquivos nun arquivo comprimido e engadir éste na aplicación informática.
Cando se renuncie a todas as listas será necesario, ademais, remitir a documentación xustificativa escaneada ao seguinte enderezo electrónico.
Correos electrónicos:
persoal.primaria@edu.xunta.gal: para corpos de mestres
persoal.secundaria@edu.xunta.gal: para corpos de secundaria e outros
-
B) Outros colectivos
Deberá empregar o formulario de solicitude xenérica PR004 para renunciar á adxudicación dunha comisión de servizos ou a unha solicitude formulada pola modalidade ordinaria só para aqueles colectivos con destino definitivo (persoal docente de Conservatorio, de EOI ou de Agraria) e proceder do seguinte xeito:
1º Acceda á Sede electrónica da Xunta de Galicia e identifíquese coa súa Chave 365 ou certificado dixital.
2º Cubra o formulario de solicitude xenérica PR004, no campo EXPÓN da solicitude deberá indicar: RENUNCIA CADP MESTRES OU SECUNDARIA (segundo corresponda).
3º Asine e finalice a presentación na sede seguindo os pasos que se lle amosan.
4º Descargue o recibo electrónico de presentación.
No caso de participar por máis dunha modalidade (ordinaria máis comisión por saúde ou conciliación), e querer renunciar a ambas, deberá presentar unha renuncia para cada unha delas. De renunciar só a unha delas, esta non poderá ser a solicitude formulada pola modalidade ordinaria no caso de persoal funcionario de carreira ou en prácticas que non teñan destino definitivo.
AVISO: o trámite activarase o luns día 29 de xullo de 2024
RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAL OBRIGADO A PARTICIPAR (Portal Educativo 26/07/2024)
Resolución do 26 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se fan públicas as relacións definitivas de persoal que ten a obriga de participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais 2024/2025.
Prazo de recurso
O prazo para formular recurso é dun (1) mes contado dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio (do 27 de xullo ao 26 de agosto de 2024, ambos incluídos).
Para aquelas persoas que presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) unha solicitude no procedemento ED002B, para formular o recurso de reposición deberán acceder ao dito procedemento e seleccionar o trámite "recurso de reposición" e en asunto sinalar Resolución definitiva do 26 de xullo de 2024 de persoal obrigado a participar.
Para aquelas persoas que nunca presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia unha solicitude no procedemento ED002B, para formular o recurso de reposición deberán acceder a dita sede electrónica (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A e no dito formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:
a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN RESOLUCIÓN definitiva do 26 de xullo de 2024 de persoal obrigado a participar PRIMARIA OU SECUNDARIA (segundo corresponda)
b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
XUBILACIÓNS MESTRES
XUBILACIÓNS SECUNDARIA
- MATERIAIS DE AXUDA CSIF
ACCESO A CATÁLOGO E XORNADAS (actualizado a setembro de 2023, é o documento onde poderás consultar entre outros datos, os centros con xornada única, os centros catalogados como de especial dificultade, horarios,..)
ACCESO AO CSIF INFORMA CADP 2024/25
ACCESO AO TITORIAL "FAI O TEU CADP 2024/25"
RELACIÓN PROVISIONAL DE PERSOAL OBRIGADO A PARTICIPAR
Xúntase Resolución do 9 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se fan públicas as relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais 2024/2025.
- O prazo para formular reclamacións é de 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio (do 11 ao 17 de xullo de 2024, ambos incluídos).
As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A.
No dito formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:
a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN RESOLUCIÓN DO 9 DE XULLO DE 2024 e especificar o anexo correspondente, anexo I ou II segundo proceda.
b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
RESOLUCIÓN SOLICITUDES ESTIMADAS E NON ESTIMADAS DE NON PARTICIPACIÓN
Resolución do 20 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolven as solicitudes de non participación do concurso de adxudicación de destinos provisionais 2024-2025.
- O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra a citada resolución é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación.
O dito recurso deberá formularse exclusivamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). utilizando o modelo xenérico dispoñible no último expediente de solicitude xenérica (PR004A) formulada para a renuncia á participación do seguinte xeito:
-Acceda a ligazón https://sede.xunta.gal
-Abrirase unha pantalla informativa sobre a necesidade de dispor de Chave 365 ou certificado electrónico para acceder.
-Introduza o seu NIF e a súa contrasinal de Chave 365 ou identifíquese co seu certificado dixital
-Localice no apartado de ÚLTIMOS EXPEDIENTES E PRESENTACIÓNS a última solicitude presentada (PR004A) para formular a renuncia á participación no CADP e prema no botón Acción existente á marxe dereita. Elixa no desplegable a opción Recurso de reposición.
-No campo ACTO RECORRIDO indique: RESOLUCIÓN SOBRE NON PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS 24-25
-No campo UNIDADE RESPONSABLE DO PROCEDEMENTO debe elexir Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (para axilizar a búsqueda pode pinchar no formulario Seleccione e escribir Centros e Recursos e seleccionar a opción que lle ofrecerá a sede) Unha vez cuberto o recurso prema no botón “Continuar”
-Neste paso pode anexar a documentación xustificativa que considere conveniente e logo premer no botón Continuar.
-A seguir deberá asinar o recurso e presentalo no rexistro electrónico para o que se lle enviará o seu móbil un pin que deberá introducir para finalizar a presentación no caso de empregar Chave 365 ou no caso de certificado dixital a súa contrasinal.
-Por último, a sede electrónica informaralle que o seu recurso foi presentado e poderá obter o recibo xustificativo coa data e hora de presentación e o número de rexistro.
Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico. O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.
- RENUNCIA Á PARTICIPACIÓN NO CADP
De acordo co artigo 39.1 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (Diario Oficial de Galicia n.º 113, do 14 de xuño), o persoal interino e substituto que se atope nalgunha das situacións recollidas no punto décimo quinto do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería e publicado mediante Resolución do 2 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, poderá formular solicitude de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP).
CAUSAS DE RENUNCIA
a) Coidado de fillos e fillas.
– Para atender o coidado dun fillo ou filla menor de seis anos, tanto cando o sexa por natureza ou por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo.
– Para atender un fillo ou filla menor de oito anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal.
– Para atender dous fillos ou fillas menores de dez anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal.
– Para atender tres fillos ou fillas menores de doce anos ou dous fillos ou fillas menores de doce anos se un deles ten un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 % ou ter e convivir con tres fillos ou fillas menores de dezaseis anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal.
A idade dos fillos computarase o 1 de setembro de cada ano académico.
b) Para atender o coidado dun familiar que se teña ao seu cargo, ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.
Excepcionalmente, para atender o coidado dun familiar que se teña ao seu cargo, en segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída, cando non existan superviventes de primeiro grao ou que estean incapacitados para atender o seu coidado ou se trate de persoas conviventes.
c) Por enfermidade grave da propia persoa docente.
d) Por ser vítima de violencia de xénero ou de violencia sexual ou violencia terrorista.
e) Ampliación de estudos oficiais.
Por ampliación de estudos, por un período máximo de tres anos. Enténdese que hai ampliación de estudos cando se realizan estudos para obter un título universitario oficial de doutor, máster, grao ou equivalente.
No caso dos graos deberá efectuarse a matrícula de, polo menos, 30 créditos e acreditar a realización das correspondentes probas ao final do curso académico.
Nos supostos do máster ou doutoramento a matrícula deberá realizarse, polo menos, do 30 % dos contidos.
Excepcionalmente, poderá utilizarse un cuarto e quinto ano, nos estudos de grao e doutoramento. Nos graos será necesario ter cursado e superado un mínimo de 90 créditos da mesma titulación. Para estes efectos non se terán en conta as materias validadas.
f) Por calquera das circunstancias que permiten o persoal funcionario público a concesión de servizos especiais.
g) Por outro contrato laboral, traballo por conta propia ou prestar servizos noutro posto do sector público (límite temporal de tres cursos académicos, non necesariamente consecutivos). No caso de traballo por conta propia deberase acreditar a alta no réxime xeral de autónomos 6 meses antes do chamamento.
h) Estar impartindo un curso de formación relacionado coa lingua galega impartido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística
PRAZO: desde o 15 de maio ata o 31 de maio de 2024, ambos incluídos
O prazo para formular a solicitude, que se presentará da maneira que se establece no artigo 14 da Orde do 7 de xuño de 2018, pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente, será de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Aquelas persoas que, estando obrigadas, non presenten unha solicitude, entenderase que se acollen á validez da formulada para o curso académico 2018/19, 2019/20, 2020/21, 2021/22, 2022/23 ou 2023/24, de conformidade co establecido no artigo 21 da citada Ordedo 7 de xuño de 2018.
- Relación provisional e definitiva do persoal obrigado a participar
As relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar na adxudicación de destinos, por lista única cando proceda e por especialidades e orde de prioridade, publicaranse no portal da internet desta consellería, https://www.edu.xunta.gal/, o 9 de xullo de 2024
- Resolución provisional do concurso de adxudicación de destinos provisionais
A data previsible de resolución provisional do concurso e a súa publicación no portal de internet desta consellería, https://www.edu.xunta.gal/, para todos os corpos, é o 29 de xullo de 2024
- Adxudicación definitiva dos destinos provisionais
A data previsible da adxudicación definitiva dos destinos provisionais e a súa publicación no portal a internet desta consellería, https://www.edu.xunta.gal/, para todos os corpos é o 2 de agosto de 2024
- NORMATIVA
TEXTO CONSOLIDADO (Portal Educativo Xunta 19/04/2023)
ARCHIVOS ADJUNTOS
- CSIF INFORMA CADP 2024.pdf
- FAI O TEU CADP 2024.pdf
- Vacantes mestres Lugo.pdf
- Vacantes secundaria Lugo.pdf
- Vacantes secundaria Ourense.pdf
- Vacantes mestres Ourense.pdf
- Xubilacións mestres Coruña.pdf
- Xubilacións secundaria Coruña.pdf
- Xubilacións mestres Pontevedra.pdf
- Xubilacións secundaria Pontevedra.pdf
- Vacantes provisionais mestres Lugo 2024.pdf
- Vacantes provsionais mestres Ourense 2024.pdf
- Vacantes provsionais A Coruña 2024.pdf
- Vacantes pontevedra 24-25.pdf