Aviso IMPORTANTE para opositores que non superaron o concurso-oposición Galicia 2024

  • Otros artículos

24 de julio de 2024

Dende CSIF ENSINO queremos advertir dun erro que está a acontecer nalgunha das publicacións relativas ás  relacións de opositores que non superaron o concurso-oposición feita polos diferentes tribunais constituidos para o  proceso selectivo  deste curso. Esta relación podedes consultala en https://www.edu.xunta.gal/oposicions/PreparaConsultaPublica.do

Observaredes que algúns opositores aparecedes como RETIRADOS cando deberiades aparecer como PRESENTADOS, a efectos da vosa incorporación e/ou permanencia nas listas de interinos que se elaborarán para o vindeiro curso 2024/25.

Se vos presentástedes a todas as probas obrigatorias a estes efectos e aparecedes como RETIRADOS, deberedes enviar un correo electrónico ás direccións de correo persoal.primaria@edu.xunta.gal ou persoal.secundaria@edu.xunta.gal, segundo corresponda. Nese correo debedes recoller os vosos datos e explicar a situación persoal acontecida.

Para calquera dúbida non dubides en contactar con nós a través das diferentes canles que habitualmente poñemos á vosa disposición.

COMPARTIR