Persoal docente interino e substituto excluído definitivamente das listas desta consellería

  • Empleo

26 de julio de 2024

Resolución do 26 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban e se fan públicas as relacións de persoal docente interino e substituto excluído definitivamente das listas desta consellería de conformidade co establecido no punto décimo terceiro, apartado primeiro e segundo, da Resolución do 2 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias (DOG nº89, do 10 de maio).

Prazo de recurso

O prazo para formular recurso é dun (1) mes contado dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio (do 27 de xullo ao 26 de agosto de 2024, ambos incluídos).

O recurso interporase por medios electrónicos a través do procedemento PR004A (solicitude xenérica) do seguinte xeito:

a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECURSO RESOLUCIÓN DO 26 DE XULLO DE 2022 PERSOAS EXCLUÍDAS DE LISTAS PRIMARIA OU SECUNDARIA (segundo corresponda).

b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

 

COMPARTIR