CSIF ENSINO informa persoal INTERINO E SUBSTITUTO curso 2024/25

  • Boletines y publicaciones CSIF

27 de agosto de 2024

Nestes primeiros días de setembro comezará o proceso de chamamentos para interinidades e substitucións pendentes de cubrir. Este proceso continuará durante todo o curso, polo que é importante que coñezades aspectos importantes relativos ao mesmo. Dende CSIF ENSINO poñemos á vosa disposición unha sección fixa na nosa web onde poderedes atopar dende a normativa que vos afecta, as novidades que se vaian producindo día tras día,... ata enlaces para acceder de xeito doado a espazos como o de consultas de substitucións e listas abertas

Queremos compartir con vós tamén o noso CSIF INFORMA PERSOAL DOCENTE INTERINO E SUBSTITUTO, onde poderedes atopar información sobre o funcionamento xeral do proceso de chamamentos, as causas de perda do dereito á permanencia en listas, os motivos de renuncia, os criterios que establecen a orde de prioridade nos nomeamentos, as posibilidades de restrición de zona,...entre outros.

Ademais, continuaremos informándovos diariamente a través das nosas REDES SOCIAIS. Para calquera outra consulta ou trámite estaremos á vosa disposición nas Sedes nos horarios xa habituais.

Desexámosvos un bo comezo!!

COMPARTIR