Rexistro de incidencias CSIF ENSINO curso 2024/25

  • Otros artículos

10 de septiembre de 2024

Rexistro de incidencias de inicio do curso 2024-25


 

Dende CSIF Ensino Galicia queremos coñecer de primeira man as incidencias que se están a atopar nos centros a comezos deste curso 2024-25: problemas de horarios, de horario lectivo, falta de profesorado, ratios elevados, exceso de papeleo. Por iso che pedimos que cubras este breve formulario que atoparás no seguinte enlace https://forms.gle/RjEgFPJfG8nE4aLg9 .

Deste xeito, esperamos poder axudarche e contactar contigo se é necesario.


 

Se é urxente, neste enlace deixámosche o directorio do CSIF cos teléfonos e enderezos das SEDES e tamén os enlaces ás nosas REDES SOCIAIS, onde SEMPRE respondemos coa maior celeridade posible.


 

Tratamento de datos

De acordo coa normativa de protección de datos, facilitámosche a seguinte información de tratamento:

Responsable: SINDICATO INDEPENDENTE E CENTRAL DE FUNCIONARIOS (CSIF)

Finalidades do tratamento: só utilizaremos os teus datos persoais para poñernos en contacto contigo se o solicitas no formulario co fin de axudarche a solucionar as incidencias suscitadas.

Dereitos que lle asisten: acceso, rectificación, portabilidade, supresión, limitación e oposición.

Máis información sobre o tratamento na Política de Privacidade.

COMPARTIR