Publicación da convocatoria para interinidades e substitucións nas listas de relixión católica e evanxélica
- Empleo
- Ofertas y bolsas de trabajo
24 de octubre de 2024
Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702400), e para impartir docencia de relixión evanxélica, nos niveis de primaria (701402) e no nivel de de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702403) nos centros docentes públicos que dependen desta consellería (código de procedemento ED003A).
- Prazo de presentación de solicitudes: desde o venres día 25 de outubro de 2024 ata o día 31 de outubro de 2024, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude, ademais da documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED003A.