Apertura de prazo para a participación no Concurso Xeral de Traslados 2024/25

  • Concursos y movilidad
  • Traslados

4 de noviembre de 2024

 

 

ACCESO Á APLICACIÓN

 

O persoal docente que participe no concurso de traslados convocado pola Orde do 21 de outubro de 2024 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A) poderá formular a solicitude de participación entre o día 5 de novembro de 2024 ao 26 de novembro de 2024, ambos os dous incluídos.

* As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través do formulario normalizado accesible na páxina web www.edu.xunta.gal/cxt e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia htpps://sede.xunta.gal

* Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

* No caso de que o expediente do persoal concursante non está actualizado ou se discrepa dos datos contidos en calquera categoría de datos deste poderase actualizar ou modificar no prazo de presentación de solicitudes do concurso xeral de traslados coa presentación por medios electrónicos da solicitude normalizada de actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da consellería (código de procedemento ED011A)

* No caso de que figuren méritos xa validados no expediente persoal pero non aparecen baremados poderá presentar unha alegación no prazo que se estableza para reclamacións e renuncias.

*Non se permitirá a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude de participación no concurso de traslados no procedemento código ED012A.

 

Dende CSIF ENSINO queremos axudarche neste proceso coa posta á túa disposición dos  seguintes documentos:

  • ACCESO AO CSIF INFORMA (documento explicativo dos aspectos máis relevantes de todo o proceso: forma de participar, prazos importantes, táboas informativas con datos relevantes do anterior concurso: notas mínimas de adxudicación segundo as especialidades, número de docentes en expectativa de destino,...)

  • ACCESO A CATÁLOGO E XORNADAS (actualizado a setembro deste ano 2024, é o documento onde poderás consultar entre outros datos, os centros con xornada única, os centros catalogados como de especial dificultade,...)

  • FAI O TEU CXT 24/25 (titorial-guía dos pasos a seguir para a participación)

  • ACCESO AO MANUAL DE USUARIO PARA A PARTICIPACIÓN (documento con instrucións para manexar sen complicacións a aplicación do CXT)

Toda esta información así como  as novidades que se vaian producindo relativas a vacantes provisionais e definitivas, resolucións,... iranse actualizando diariamente e estarán á vosa disposición no banner lateral de concursos ao que  podedes acceder no enlace https://www.csif.es/contenido/galicia/educacion/368219

COMPARTIR