Listaxes e baremos provisionais das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592)

  • Empleo
  • Ofertas y bolsas de trabajo

11 de noviembre de 2024

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e pública a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A)

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
  • Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.

 

COMPARTIR