Resolución para os centros de continuidade na Rede de Centros “Ponte... nas Ondas! de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)”

  • Convocatorias

18 de diciembre de 2024

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución pola que se lle dá continuidade á Rede de Centros “Ponte... nas Ondas! de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)”  durante o curso 2024/25.

Estes centros continuarán desenvolvendo o traballo iniciado durante o curso 2023/24 cos seguintes obxectivos:

1. A posta en valor do Patrimonio Inmaterial galego-portugués.
2. O establecemento de canles de comunicación entre Galicia e Portugal aproveitando os vínculos lingüísticos.
3. Fomentar dende o ámbito educativo a implantación de iniciativas que contribúan ao coñecemento e consecución dos ODS da Axenda 2030, prestando especial atención ao ODS 4 que busca garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, así como ao ODS 17, que fomenta as alianzas para lograr os obxectivos.

 

COMPARTIR