Listaxes e baremos PROVISIONAIS listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpos de PES (590), EOIs (592) e PSSFP (598)

  • Empleo
  • Ofertas y bolsas de trabajo

4 de marzo de 2025

Resolucións do 3 de marzo de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polas que se aproban e publican as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas e os baremos provisionais no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de PES (590), EOIs (592) e PESSFP (598)

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
  • Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.

 

COMPARTIR