Resolución do 25 de setembro de 2023, pola que se convoca o I Premio ConVivimos 2023 de convivencia e benestar emocional para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2023/24

  • Convocatorias

1 de octubre de 2023

Convócase a primeira edición do I Premio ConVivimos 2023 de convivencia e benestar emocional. O galardón vai dirixido aos centros docentes públicos dependentes desta consellería e está dotado dunha contía total de 18.000 euros.

Este galardón nace co obxecto de recoñecer, a través de actuacións e proxectos de carácter individual e/ou colectivo, o esforzo e alto grao de compromiso dos centros educativos na mellora da convivencia e do benestar emocional. Este premio forma parte da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 estando financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través do Programa de Bienestar Emocional no ámbito educativo.

Para o curso 2023-2024 os centros docentes poderán participar en dúas categorías:

Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.

Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.

Concederase para cada categoría, catro premios:

 

Categorías

Premio

Importe

A

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Mención de honra

500 €

B

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Mención de honra

500 €

 

Cada centro docente poderá presentar unha soa solicitude, na que se recollerán, nunha memoria descritiva, o conxunto de actuacións levadas a cabo polo centro en materia de convivencia e benestar emocional.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución na web da consellería (http://www.edu.xunta.gal/portal/).

COMPARTIR