Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de PES (590)
- Convocatorias
20 de febrero de 2024
Resolución do 19 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590)(Código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A.
- Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
- Achégase resolución definitiva do 19 de febreiro de 2024 590, baremo definitivo 590 e listaxe definitiva de persoas excluídas 590
ESPECIALIDADES CONVOCADAS
- 590002 Grego
- 590003 Latín
- 590010 Francés
- 590053 Lingua e literatura galega
- 590107 Informática
- 590109 Navegación e instalacións mariñas
- 590111 Organización e proc. de mantenemento de vehículos
- 590112 Organización e proxectos de fabricación mecánica
- 590124 Sistemas electrónicos
- 590125 Sistemas electrotécnicos e automáticos
- 590206 Instalacións electrotécnicas
- 590210 Máquinas, servizos e produción
- 590227 Sistemas e aplicacións informáticas
- 590231 Equipos electrónicos