Inicio curso 2024/25

  • Otros artículos

30 de agosto de 2024

Neste inicio de curso 2024/25, dende CSIF ENSINO GALICIA, queremos recordarvos que imos seguir ao voso carón, traballando pola mellora das nosas condicións laborais e promovendo todas as accións necesarias en prol da súa consecución.

Entre as nosas prioridades seguirán estando acadar un mellor ACORDO DE RATIOS, RECUPERAR O HORARIO LECTIVO, UNHA REDUCIÓN EFECTIVA DA BUROCRACIA E A DEFENSA DA INTEGRIDADE FÍSICA E MORAL DO PROFESORADO.

Outro dos obxectivos primordiais para nós é mantervos informados en todo momento. Poñemos á vosa disposición para elo instrumentos varios. Para comezar invitámosvos a visitar detidamente a nosa web onde poderedes acceder, ver e descargar documentos útiles para comezar o novo curso. Nas diferentes seccións poderás atopar toda a información referida ao CALENDARIO ESCOLAR, PERMISOS E LICENZAS, INCAPACIDADES e ACCIDENTES e RETRIBUCIÓNS

Ao longo de todo o curso seranvos de gran utilidade outras seccións ubicadas nos banners laterais onde dispoñeredes de información sobre BOLSAS DE TRABALLO de todas as comunidades, CONCURSOS DE TRASLADOS, COMISIÓNS DE SERVIZO, PERMUTAS, FORMACIÓN e OPOSICIÓNS convocadas na nosa comunidade e NOUTRAS COMUNIDADES

Atoparedes tamén un banner específico para o colectivo de INTERINOS e outro para o PROFESORADO DE RELIXIÓN

Por último, dicirvos que a web de CSIF ENSINO está diseñada para que poidades acceder dun xeito sinxelo a outros espazos web de uso habitual como a SEDE ELECTRÓNICA, o PORTAL EDUCATIVO ou MUFACE

Seguiredes tendo a posibilidade de  contactar con nós de forma presencial ou telefónica nas SEDES de CSIF ENSINO espalladas por toda a comunidade. Tamén poderedes informavos e interactuar diariamente mediante as nosas REDES SOCIAIS.

Desexámosvos un FELIZ INICIO DE CURSO!!

Hoxe e sempre "Orgullos@s de ser docentes"

COMPARTIR