Nota informativa das Mesa Sectorial de Funcionarios e da Mesa Xeral de Empregados Públicos, celebradas o día 13 de decembro de 2024
- CSIF Informa
16 de diciembre de 2024
OPE 2024 da Dirección Xeral de emprego público e administración de persoal, OPE 2024 do persoal da Lei 17/89, RPT do Consorcio de Igualdade e Benestar, RPT de funcionarización dos corpos de axudantes de carácter facultativo da administración especial (subgrupo c1) e no corpo de auxiliares de carácter técnico da administración especial (subgrupo c2) (funcionarización postos condutores), RPT da administración xeral e da administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
O 13 de decembro tivo lugar a xuntanza da Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos e da Mesa Sectorial de funcionarios da Administración Xeral nas que se trataron os seguintes temas.:
Proxecto de decreto da Oferta de Emprego Público Ordinaria para o ano 2024, da Dirección Xeral de emprego público e administración de persoal.
Unha vez mais dende a Función Pública ningunéase as Organizacións Sindicais á hora da entrega da documentación que, desta vez, xa nin foi día anterior á Mesa senón na propia Mesa Xeral na que se nos facilitan 8 follas de papel, nas que se desmenuza a información da OPE.
A directora Xeral de Emprego Público adiantounos que como novidade ábrese a posibilidade de participación na quenda de promoción interna separada ao C2 desde calquera escala da Agrupación Profesional.
Consulta aquí Proposta OPE ordinaria 2024
Actualización_Función Pública vén de achegarnos a 17 de decembro o decreto de OPE 2024 para o seu debate nas vindeiras semanas ⇔ PROPOSTA_DECRETOOPE2024
Proxecto de Decreto polo que se aproba a OPE para o ano 2024 do persoal sanitario funcionrios ao servizo da Comunidade Autónoma incluído no ámbito da Lei 17/1989.
O Decreto propón a oferta de 15 prazas (5 de Inspectores Médicos, 4 de ATS/DUE, 4 Licenciados en Farmacia e 2 de Licenciados en Psicoloxía).
O primeiro deixamos constancia da queixa polo pouco tempo entre a entrega da documentación e as Mesas o que impide o correcto estudo desta, queixa común entre tódalas Organizacións Sindicais.
Dende CSIF insistimos na necesidade do incremento no persoal de tódalas categorías Inspectores Médicos, Inspectores Farmacéuticos, Subinspectores Sanitarios, etc. que viron incrementados notablemente o seu traballo trala publicación do Decreto 18/2024 para a acreditación dos Centros Sanitarios de carácter Público e Concertado
Solicitamos aclaración sobre as prazas de ATS que saen nesta OPE, xa que segundo a RPT da Lei 17/89 estas prazas pasarían a ser estatutarias ou a extinguir.
Solicitamos tamén o cambio de denominación na convocatoria das prazas de ATS/DUE que está obsoleta dende hai xa moitos anos e que nos aclarasen o porque de que non entrasen na OPE as prazas de xubilados de Químicos biólogos.
A contestación da consellería de Sanidade é que nesta OPE so poden ir as prazas de Xubilación do ano 2023 e a Taxa de Reposición do 110%. En canto a modificación da nomenclatura das Escalas alega que é como se lles chama na Lei 17 e que polo tanto, para cambialas sería necesaria unha modificación desa Lei.
Xa na reunión previa con Sanidade falouse sobre a situación na que quedarían os Interinos que levasen tres anos ocupando prazas e que se puideran ver afectados pola OPE (“Apartado 4 da Lei 20/21”). A resposta do vicesecretario xeral foi que segundo instrucións de Función Pública e Persoal non se contempla a excepcionalidade referida nese apartado.
Proposta da RPT do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Dende CSIF solicitamos a RETIRADA INMEDIATA desta RPT (consenso entre tódalas Organizacións) e a Urxente Elaboración dunha NOVA feita de maneira SERIA (acompañada das memorias económicas, Memoria Funcional y Táboa de equivalencias ademais do resto da documentación pertinente para a súa tramitación).
Incidimos en que INTENTA AMAÑAR UN ERRO APRESA E CORRENDO cando non se leva nada feito dende 2017. O que queren é unha Funcionarización pola porta de atrás, que se faga unha RPT que reflicta a realidade do Consorcio e que non represente unha Fenda Salarial ao insistir nas diferencia retributivas entre o persoal do consorcio e o da Consellería.
Proposta de Modificación da RPT de funcionarización dos corpos de axudantes de carácter facultativo da administración especial (subgrupo c1) e no corpo de auxiliares de carácter técnico da administración especial (subgrupo c2) (rpt funcionarización postos condutores)
Dende CSIF apreciamos as melloras na proposta con respecto á que se presentou no pasado verano e valoramos positivamente que se poñan as retribucións nos Postos e non nas Persoas como Complementos que son.
En canto ao complemento Específico Diferencial insistimos en que se nos garanta, por escrito, que se respectarán a percepción dos complementos adicionais ao específico nas situacións de baixa ou IT.
Proposta de modificación da RPT da administración xeral e da administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Neste punto tratouse a modificación da RPT de distintas consellerías consistente na creación de prazas que non estaban incluídas, procedentes de sentenzas firmes sobre a condición de persoal indefinido non fixo, moitas delas afectadas polos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021.