O ano 2025 terá 8 días de asuntos particulares
- CSIF Informa
26 de diciembre de 2024
O vindeiro ano 2025 os empregados públicos disporán dun total de 8 días de asuntos particulares.
Segundo resolución do 24 de febreiro de 2016 da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucción sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas, no seu apartado décimo cuarto (artigo 118 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia), no seu punto 5:
“Incorporarase un día adicional de asuntos particulares por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuído, cando coincidan con sábado en dito ano, agás os traballadores a quendas que xa teñen garantidos o número de festivos anuais a través das carteleiras”
No ano 2025 os festivos laborais de ámbito nacional que coinciden en sábado, segundo o calendario de festivos publicado no Boletín Oficial do Estado son o día 1 de novembro (festividade de Todos os Santos) e o día 6 de decembro (Día da Constitución)
Por tanto, no ano 2025 os días de asuntos particulares serán oito.