CONVOCATORIA CURSOS DE IGUALDADE E DE VIOLENCIA DE XÉNERO
- Formación
- Otra formación
- Últimas noticias
- CSIF Informa
9 de abril de 2025

No DOG de hoxe publicouse a RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2025 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, da Administración institucional, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das universidades públicas galegas.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 16 de abril de 2025.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.
Accede á resolución 👇🏽