Baremarase a todas as persoas aspirantes nos procesos selectivos do SPIF

  • Convocatorias
  • Empleo
  • Otros artículos
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • CSIF Informa

2 de diciembre de 2024

-Nunha xuntanza mantida o pasado venres coas tres OOSS: CSIF, CCOO e UGT e tras valorar a nosa proposta, Función Pública acepta baremar a todas as persoas aspirantes dos procesos selectivos do SPIF da Ley 20/21 convocados por concurso.
-A medida afectará a todas as persoas aspirantes non baremadas nas listaxes provisionais e definitivos.

Nunha xuntanza mantida o pasado venres coas tres OOSS: CSIF, CCOO e UGT e tras valorar a nosa proposta, Función Pública acepta baremar a todas as persoas aspirantes dos procesos selectivos do SPIF da Ley 20/21 convocados por concurso. A medida afectará a todas as persoas aspirantes non baremadas nas listaxes provisionais e definitivos.

Á vista da publicación das Resolucións do 21 de novembro de 2024, polas que se fan públicas as baremacións da fase de concurso, dos procesos selectivos, das escalas de BBFF, derivados da Lei 20/2021, o pasado día 27 as organizacións sindicais CCOO, CSIF e UGT, mediante escrito ao efecto, fixemos a seguintes peticións:

  • A baremación e establecemento dun período de alegacións de todas as persoas aspirantes non baremadas
  • Revisión e contestación de todas as alegacións feitas polas persoas aspirantes incluídas no baremo provisional

Logo da reunión mantida, podemos confirmar que a Administración valora a nosa proposta e acepta baremar a todas as persoas candidatas.

Nos próximos días recibiremos información de como procederán á valoración dos expedientes de solicitude.

Ler máis en Herald Toupeiras 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR