A Dirección Xeral de Defensa do Monte «impón» a unificación de brigadas coa oposición das organizacións sindicais asinantes do acordo

  • Otros artículos

20 de enero de 2025

O día 17 de xaneiro celebrouse a xuntanza da Comisión de Seguimento do Acordo de condicións de traballo do persoal funcionario do SPIF na que a Dirección Xeral presenta un documento no que anula os desdobramentos que se levaron a cabo no ano 2024 dende o 1 de febreiro de 2025, unificando de novo tódalas brigadas cuxos compoñentes se dividiron en dous subgrupos.

Presentan un protocolo no caso de que, nunha quenda coincidan mais de 5 bombeiros/as nunha brigada, aplicando os seguintes criterios:

– Collerán outro vehículo similar cando estea dispoñible na súa base, desprazándose en convoi co resto
da brigada.
– Si isto non é posible incorporaranse nun vehículo doutra brigada que teña unha quenda que non difira
en mais de dúas horas na hora de saída e que estea na mesma quenda na súa base.
– Si isto non é posible incorporaranse nunha motobomba cos mesmos criterios que no caso anterior.
– E si tampouco é posible, quedarán na base de xeito rotatorio.

Temos claro que a organización do traballo depende da Consellería, e que contra as “imposicións” da Dirección Xeral de Defensa do Monte pouco ou nada podemos facer.

Consideramos que este protocolo é un sen sentido, por un lado a Consellería queixándose de que o número de bombeiros/as por brigada é escaso e por outro considera axeitado deixar efectivos en base:

Que pasa si a outra brigada ou motobomba sae antes do lume?, Que pasa si os cambian de lume?, Si non poden regresar isto vai supoñer superar as 10 horas e a realización de horas extra? … en definitiva COMO VAN A REGRESAR eses bombeiros/as forestais cando non poidan ir cos seus compañeiros/as??? … todas esas preguntas quedaron sen resposta.

Ante as dúbidas xurdidas en cuestións tan básicas como as expostas anteriormente, sumadas á incomodidade de ir 5 compoñentes nos vehículos actuais con todo o material, á falta de cobertura de prazas vacantes (98 adía de hoxe), á falta de cobertura de incapacidades de longa duración, á falta de cobertura de postos por permisos, vacacións ou licenzas etc.., o voto de tódalas OOSS asinantes, foi en contra.

Asemade, puxemos de manifesto a incongruencia e o cinismo dos argumentos da Consellería para impor este novo sistema. Xustifican a súa decisión en que có sistema actual é insuficiente o número de traballadores nos grupos de traballo dás brigadas, pero a súa vez eles mesmos son os responsábeis de manter centos de prazas sen cobertura ao longo do ano, de non cubrir moitas das incapacidades de curta ou longa duración e de debilitar ás brigadas dedicando a parte dos seus compoñentes a “funcións especiais”…

A Dirección Xeral imporá o protocolo presentado cando coincidan mais de 5 bombeiros/as na brigada, procedendo a reagrupar as brigadas de 7 compoñentes dende o día 1 de febreiro, entregando novos cuadrantes nos que se tomará a secuencia dun dos dous subgrupos.

Outros temas de interese tratados:

– Quedou claro que os días de Asuntos Persoais no ano 2024 do persoal funcionario é de 7 e 8 días no
ano 2025.
– Tódolos permisos deben ser solicitados a través de PORTAX e a súa denegación debe ser motivada.
– O número mínimo de festivos traballados polo persoal funcionario NON debe superar 8.
– Os horarios do persoal laboral descontinuo poderán ser negociados nos distintos Comités de Empresa, e poderán facer as mesmas quendas que realiza o persoal funcionario se hai acordo dos/as traballadores/as.

NOTA INFORMATIVA CONXUNTA 

COMPARTIR