DOG: Orde de confección de nóminas 2025
- CSIF Informa
23 de enero de 2025
Informámosvos de que foi publicada no DOG a ORDE do 17 de xaneiro de 2025 pola que se ditan as instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2025.
Estas retribucións manteranse para o ano 2025 nas contías vixentes en 31 de decembro
de 2024, sen prexuízo do establecido na disposición adicional oitava da Lei 4/2024, do 27
de decembro. A devandita disposición establece que as retribucións do persoal do sector
público previstas para o ano 2025 se adecuarán ao previsto no capítulo II do Real decreto
lei 4/2024, do 26 de xuño.
Ademais, habilita a consellería competente en materia de facenda para levar a cabo as xestións necesarias para facer efectivo calquera outro aumento retributivo, no seu límite máximo, no momento en que así o habilite a normativa básica do Estado.
Preme AQUÍ para consultar a orde