Celga 2,3 e 4: Datas de realización das probas.

  • Idiomas
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario

26 de octubre de 2023

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención
dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 4 de agosto de 2023 (código de procedemento PL500C).

– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
18 de novembro de 2023, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.
19 de novembro de 2023, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U.

– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:  25 de novembro de 2023, para todas as persoas admitidas.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 26 de novembro de 2023, para todas as persoas admitidas.

Os centros de realización das probas serán:
– En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas.
– En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR