EGAP: Formación continua en igualdade e violencia de xénero

  • Igualdad
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario
  • Interino

18 de marzo de 2022

Publicouse no DOG de hoxe a Resolución do 15 de marzo de 2022 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/
matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
As solicitudes entenderanse presentadas unha
vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais ou telepresenciais das actividades.
Cando a/o alumna/o teña coñecemento de que foi seleccionada/o para un curso que teña a dita coincidencia horaria con outro no que xa foi seleccionada/o debe renunciar a un deles.
No caso de que se comprobe con posterioridade que unha persoa realizou simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas, e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
 

Os cursos veñen establecidos no Anexo II da Resolución.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR