Colocación de mamparas fixas no Xulgados de Instrución, Rexistro Civil, Xulgados do penal e SCNE de Santiago
- Otros artículos
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Funcionario
- Interino
4 de abril de 2022

Esta organización sindical quere por de manifesto o ocurrido no xulgado de Instrución 3 de Santiago de Compostela, por un individuo que empurrou, tirou e rompeu unha mampara portátil sita en dito mostrador, cando estaba esperando para declarar.
Dende CSIF denunciamos que estas situacións tensas non poden volver pasar e debe evitarse esta inseguridade nos funcionarios, letrados, xuíces, así como calquera profesional ou cidadán que acuda ao xulgado.
Por todo isto, solicítase que se instalen mamparas fixas nos xulgados de instrución 1,2,3 de Santiago de Compostela e así mesmo que se instalen mamparas fixas no rexistro civil, xulgados do Penal 1,2 e Scne
Ademais, requerimos á Dirección Xeral de Xustiza a fin de que tome as medidas pertinentes para garantir a seguridade dos funcionarios, letrados, xuíces, así como de calquera profesional ou cidadán que acuda ao xulgado poñendo seguridade presencial neste tipo de xulgados, así como a instalación dun timbre de emerxencia.