DOG: Publicada a Convocatoria e os criterios de repartición do fondo de acción social no ano 2024
- Acción Social
5 de junio de 2024
Publicouse a Resolución do 16 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2024 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán solicitar a axuda:
a) Aquelas persoas que prestaran servizos como persoal funcionario interino da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (día 03/07/2023) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.
b) O persoal funcionario de carreira da Administración de xustiza que durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (03/07/2023) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria prestaran servizos nesta comunidade autónoma e se xubilaran durante o dito período.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguiente ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
As persoas solicitantes que estean en servizo activo ou de excedencia por coidado de fillos así como o persoal interino que estea a prestar servizos no momento de presentar a súa solicitude , deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX, no enderezo web opax.xunta.es.
Soamente os solicitantes que non se atopen en servizo activo terán dúas opcións: ou ben poderán asinar e presentar a súa solicitude electrónicamente, ou poderán realizar a presentación imprimindo o formulario validado da solicitude, que deberá ser asinado e rexistrado, xunto coa preceptiva documentación complementaria, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
Excepcionalmente, tamén se poderá utilizar esta última vía cando resulte imposible a presentación telemática por razón técnicas e se acredite documentalmente a dita imposibilidade. A estes efectos, será necesario que abran unha incidencia ao Centro de Atención ao Usuario (CAU) e acheguen xustificante da mesma.
A contía da axuda será:
- Do 33 % ao 64 %: 300 €
- Do 65 % ao 74 %: 600 €
- Do 75 % en diante: 1.200 €
A Comisión de Acción Social poderá modificar a anterior repartición cando por causa do número de instancias presentadas o orzamento establecido para esta axuda non sexa suficiente para a aplicación dos importes acabados de sinalar, de tal xeito que estes importes se verán reducidos proporcionalmente ata que a contía global das solicitudes aprobadas non supere o importe de 21.911,00 euros establecido para esta axuda.