Modificación da Resolución pola que se constitúen os servizos comúns de apoio da Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo

  • Otros artículos
  • Funcionario
  • Interino

22 de abril de 2022

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a Resolución do 9 de decembro de 2003 pola que se constitúen os servizos comúns de apoio das cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Modifícase a Resolución do 9 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Xustiza, nos seguintes termos:

O punto 2 queda redactado como segue: «2. O persoal funcionario dos servizos comúns de apoio, dependentes dos decanatos, poderá desempeñar as súas funcións en todos os xulgados da respectiva cidade, así como nas unidades, oficinas e servizos comúns que lles prestan servizo a estes, mediante adscrición realizada por resolución da Dirección Xeral de Xustiza, por proposta motivada do xuíz decano respectivo. Na falta de proposta, a Dirección Xeral de Xustiza poderá realizar a adscrición directamente ou por iniciativa da Comisión Mixta coa Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza».

O punto 4 queda redactado como segue: «A adscrición realizarase por un período mínimo dun (1) día e ata os tres (3) meses, prorrogables, para atender situacións de sobrecarga de traballo por causas conxunturais, pendencia de asuntos, existencia de expedientes complexos, posta en marcha de novos servizos, desenvolvemento de programas de actuación ou outras circunstancias que o xustifiquen». 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR